Nomeado en referencia a | Regio X Venetia et Histria (en) e Alpes Xulianos | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado desaparecido | Reino de Italia | ||||
Capital | Trieste | ||||
Poboación | |||||
Lingua usada | Lingua véneta Lingua istriota Istrian dialect (en) lingua croata | ||||
Datos históricos | |||||
Disolución | 10 de febreiro de 1947 | ||||
Sucedido por | Friuli-Venezia Giulia | ||||
Venecia Xulia (Venezia Giulia en italiano, Venesia Jułia en véneto, Vignesie Julie en friulano, Julisch Venetien en alemán, Julijska Krajina en esloveno e croata), é unha rexión xeográfica comprendida entre os Alpes Xulianos e o mar Adriático, desde o golfo de Trieste á punta Promontore (extremo meridional de Istria), ao golfo de Fiume e ás illas do Quarnaro. A rexión fomou parte, como unha provincia, do reino de Italia desde 1923 até 1947. Tiña unha superficie de 8 953,38 km², e unha poboación (censo de 1936) de 977 257 habitantes.[1]
Nesta antiga rexión política do sueste de Europa hoxe están as fronteiras entre Croacia, Eslovenia e Italia.[2] Os seus límites non están historicamente ben definidos. Aos seus habitantes chámaselles "xulianos" (giuliani en italiano). O nome italiano da rexión, "Venezia Giulia", ou "Venetia Iulia", foi inventado en 1863 polo lingüista italiano Graziadio Isaia Ascoli, de Gorizia, que buscaba reunir baixo un nome a todos os territorios do imperio Austríaco no Adriático superior, reclamado polos nacionalistas italianos.[3]
A Venecia Xulia foi adxudicada a Italia en 1918, despois da primeira guerra mundial e, na súa maior parte, foi anexionada, ao final da segunda guerra mundial, a Iugoslavia, á que se lle cederon 7 625 km².
Desde 1947, a "marca Xuliana" ou Venecia Xulia non constitúe unha rexión administrativa separada. A parte da Venecia Xulia que pertence a Italia despois do tratado de paz de París de 1947 e do Memorandum de Londres de 1954 (sobre o Territorio Libre de Trieste), costitúe, co Friúl, a rexión autónoma de Friuli-Venecia Xulia (en esloveno, Furlanija-Julijska krajina) que literalmente significa "Friúl e Venecia Xulia".